Feijóo acusa o Goberno de "triunfalismo" na vacinación e de cometer un "triplo erro" respecto da inmunización

Di que "é fácil dar consellos e máis difícil conseguir vacinas" pero di que Galicia podería inmunizar ao "100%" da súa poboación diana en agosto

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2021 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acusou este mércores ao Goberno central de caer en "un triplo erro" respecto  da inmunización da poboación, tanto na data para alcanzar a inmunización, como na porcentaxe fixada do 70 por cento, ata no avance deste proceso para os mozos.

"Primeiro (errou) nunha data trifunalista na inmunidade de rabaño en agosto", enumerou Feijóo, a preguntas dos medios sobre se considera que o Executivo de Pedro Sánchez debería saírse da estratexia de vacinación da UE para lograr unha maior subministración de doses de vacina.

"Segundo", continuou, "na porcentaxe adecuada para considerar a inmunidade de grupo", situada no 70 por cento. Esta porcentaxe indicouse ao comezo da inmunización e deuse en función da poboación obxectivo, que non é o conxunto da poboación. Hai que agregar que en metade do desenvolvemento da estratexia de vacinación autorizouse o uso de Pfizer para os adolescentes de entre 12 e 16 anos, o que engrosou o número de persoas a vacinar.

Neste escenario, e como xa mencionou en días pasados nun acto en Ferrolterra, Feijóo indicou que "a porcentaxe adecuada para considerar a inmunidade de grupo é como mínimo do 90 ou 95 por cento", e por tanto, non o 70 por cento fixado.

VACINACIÓN NOVOS

Como terceiro "erro", o presidente da Xunta cuestionou que o Goberno "non explicase á xente nova que non habería vacINas" este verán para este colectivo. "E por tanto, este erro triplo, que non é menor", aseverou.

Na súa resposta, Feijóo indicou que "aínda" se descoñece cantas vacinas van chegar no mes de agosto e setembro. "Estamos a ver con pouca antelación, pero é imposible explicar que no mes de xullo teñamos menos que no mes xuño. Lamentablemente, é a situación que está a vivir España", indicou.

Sobre a pregunta en concreto, Feijóo dixo que "é moi fácil dar consellos e máis difícil conseguir vacinas". "Por tanto, non debo pronunciarme respecto diso, pero si digo que España ten servizos de saúde que poderiamos garantir a inmunidade do 100 por cen dos maiores de 12 anos en agosto", proclamou o mandatario autonómico, quen lamentou que "isto non vai ocorrer ata o mes de outubro ou principios de novembro" de seguir este ritmo de subministración.

"Hai un problema de abastecemento evidente e está a afectar, desde o punto de vista económico e sanitario á poboación menor de 40 anos", remarcou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do mércores despois do comité clínico do 20 de xullo.. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do mércores despois do comité clínico do 20 de xullo.. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta