Monbus operará o Aerobús de Barcelona con vehículos sustentables e que funcionará 24 horas ao día

O presidente de Monbus, Raúl López, asegurou que apostan por optimizar o servizo con solucións de mobilidade baseadas na utilización de novas tecnoloxías para ofrecer "maior calidade" aos usuarios e ser máis eficientes, sustentables e seguros.

Por E.P. | BARCELONA | 22/07/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A área Metropolitana de Barcelona (AMB) presentou a renovación do servizo de Aerobús que conecta o centro de Barcelona co Aeroporto do Prat todos os días do ano, e que pasará a funcionar as 24 horas do día e estreará 33 novos autobuses híbridos e eléctricos, operados pola empresa galega Monbus.

O servizo deseñado e licitado polo consorcio metropolitano pasou por un "proceso de renovación". Desde o pasado 14 de xullo o Aerobús está xestionado por unha UTE de tres empresas adheridas a Monbus.

O vicepresidente de Mobilidade do AMB, Antoni Poveda, subliñou que traballan nun modelo máis sustentable e saudable que "pasa pola mellora da xestión dos fluxos de mobilidade ao redor de grandes infraestruturas, como o Aeroporto".

O primeiro tenente de alcalde de Barcelona, Jaume Collboni, asegurou que este servizo cumpre todas as medidas de seguridade necesarias contra a Covid-19 e é respectuoso co medio ambiente.

Ademais, o presidente de Monbus, Raúl López, asegurou que apostan por optimizar o servizo con solucións de mobilidade baseadas na utilización de novas tecnoloxías para ofrecer "maior calidade" aos usuarios e ser máis eficientes, sustentables e seguros.

MÁIS TARIFAS

O novo servizo contará cun abano máis amplo de tarifas e estarán dispoñibles os billetes combinados con outros medios de transporte metropolitano, o que permitirá a ligazón con Metro e autobuses de Transports Metropolitans de Barcelona (TMB).

Tamén se creou un paquete de viaxe que inclúe o billete de ida e volta en Aerobús e o Ola Barcelona Travel Card, que permite moverse "sen límites" co transporte público durante os días nos que se visita a cidade.

O Aerobús de Barcelona funcionará 24 horas ao día e estrea 33 vehículos sustentables. AMB
O Aerobús de Barcelona funcionará 24 horas ao día e estrea 33 vehículos sustentables. AMB | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta