Feijóo, sobre a cita con Sánchez en Salamanca: "Non é unha Conferencia de Presidentes, é unha reunión"

O presidente galego quéixase de que "non" se cumpre a normativa para este tipo de cumes en ningunha das convocadas "desde hai meses".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves que ve "bastantes razoables" as críticas e peticións doutros dirixentes autonómicos que puxeron o foco en que a Conferencia de Presidentes convocada para o 30 de xullo en Salamanca non se axusta á normativa deste tipo de citas.

"Non é unha Conferencia de Presidentes, é unha reunión de presidentes convocados polo presidente do Goberno, á que imos por lealdade institucional e por responsabilidade", sentenciou Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde lembrou que este tipo de cumes teñen un regulamento específico aprobado no Senado.

"Dedicamos varios días con varias xornadas preparatorias para regular o propio funcionamento da Conferencia de Presidentes e ningunha das que realizamos desde hai meses cumpre a normativa", queixouse.

"NON SE CUMPRE A NORMATIVA"

Para Feijóo, este tipo de citas non son como tal unha conferencia de presidentes porque "non se cumpre a normativa, non hai documentación previa, non hai un pacto en asuntos da orde do día e non hai ningunha resolución de obrigado cumprimento".

Ao tempo, ironizou con que a orde do día do cume de Salamanca é "moi sinxela". "Hai unha intervención do presidente, despois dos presidentes autonómicos e peche do presidente", relatou, para concluír que "iso non é unha Conferencia de Presidentes, senón unha reunión do presidente do Goberno con presidentes autonómicos".

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside o Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside o Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta