A Xunta renova a súa cara: "retoca" o azul e simplifica a imaxe gráfica

Os cambios afectan o logotipo corporativo formado pola plasmación tipográfica da expresión 'Xunta de Galicia', á tipografía de referencia e á arquitectura de marcas institucional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou na súa reunión deste xoves o decreto co que se actualizan os elementos básicos da súa identidade corporativa co obxectivo de adoptar unha imaxe "máis sinxela e dinámica" que facilite a súa comprensión "adaptada aos novos tempos da comunicación".

Explicouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen concretou que as modificacións que recolle o novo decreto afectan, por exemplo, á cor, que se escurece. "Tivemos que buscar o pantone adecuado para que se perciba igual en papel e en pantalla", relatou o presidente galego.

Do mesmo xeito, os cambios afectan o logotipo corporativo formado pola plasmación tipográfica da expresión 'Xunta de Galicia', á tipografía de referencia e á arquitectura de marcas institucional.

O presidente destacou, á marxe da simplificación da imaxe gráfica, destacou que, co fin de unificar criterios, evitarase o uso de acrónimo en divisións, organismos ou institutos da administración e de incidirá no concepto "galego" ou "de Galicia".

Finalmente, recalcou que, seguindo unha liña "pioneira" --que só iniciou, dixo, La Rioja-- a tipografía corporativa da Xunta é "patentada e rexistrada".

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside o Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside o Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta