Galicia bate a marca de contaxios desta quinta onda con 1.593 casos máis

Os casos activos superan os 15.100 e a taxa de positividade mantense nun 14% na Comunidade galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Galicia rexistra a marca de contaxios de Covid-19 ata a data desta quinta onda, con 1.593, mentres que os casos activos se elevan a 15.109, un milleiro máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 212 --constitúen 37 máis--, deles 23 en UCI. Pola súa banda, a taxa de positividade mantense nun 14 por cento.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do xoves, recollidos por Europa Press, aumentan a 189 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que implican 36 máis, e ascenden a 23 as que se atopan en UCI, unha máis. Pola súa banda, 14.897 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza, que continúa con dous pacientes Covid en UCI e oito noutras unidades. O maior aumento corresponde á de Ourense, que aínda que segue cun ingresado en UCI rexistra 50 noutras unidades --12 máis--, así como a de Pontevedra e O Salnés, que mantén un ingresado en críticos e conta con 30 noutras unidades --dez máis--. Polo seu lado, na da Coruña e Cee soben a oito os pacientes Covid en UCI --uno máis-- e a 40 os doutras unidades --cinco máis--; e na de Lugo continúa un en críticos e aumentan a 18 os doutras unidades --catro máis--.

Mentres, a de Vigo segue con catro pacientes Covid en UCI e soben a 29 os doutras unidades --dúas máis--; e na de Ferrol continúan dous en críticos e ascenden a 14 os doutras unidades --tres máis--.

MÁIS DE 15.000 CASOS

Galicia alcanza 30 semanas consecutivas de aumento de casos activos, que ascenden a 15.109, que implican 1.146 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.593) que altas (446), ao que se engade un falecemento. Con respecto a hai sete días, as infeccións activas supoñen algo menos do dobre, xa que o pasado venres 16 de xullo había 8.319 no conxunto de Galicia

Por áreas sanitarias, os casos aumentan en todas elas, en maior medida na de Vigo (+379), seguida da Coruña e Cee (+220), Santiago e Barbanza (+162), Lugo (+134), Pontevedra e O Salnés (+130), Ferrol (+65) e Ourense (+56). Deste xeito, a área de Vigo segue á cabeza con 3.544 casos activos; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 2.615; A Coruña e Cee, con 2.591; Ourense, con 2.341; Santiago e Barbanza, con 1.883; Lugo, con 1.498; e Ferrol, mantense a cola como a única por baixo do milleiro, con 637.

CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 volvéronse disparar e alcanzan a marca desta quinta onda en Galicia con 1.593, que implican 110 máis que os 1.483 da xornada anterior. Así, acumulan catro días seguidos por encima do milleiro tras arrincar esta semana con 975.

En toda Galicia foron confirmados 1.536 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 85 máis que o día anterior, dos cales 423 corresponden á área sanitaria de Vigo; 271, á da Coruña e Cee; 235, á de Santiago e Barbanza; 190, á de Pontevedra e O Salnés; 186, á de Lugo; 156, á de Ourense; e 75, á de Ferrol.

Así, os contaxiados de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 147.010 en Galicia, deles 34.141 na área da Coruña e Cee; 29.566, na de Vigo; 22.387, na de Santiago e Barbanza; 18.769, na de Ourense; 17.701, na de Pontevedra e O Salnés; 14.970, na de Lugo; e 9.476. Galicia efectuou desde o inicio desta pandemia 2.497.099 PCR, 8.180 máis que as rexistradas ata a xornada anterior e unhas 500 máis que as feitas o día pasado.

En canto á taxa de positividade das PCR, mantense nun 14,3 por cento, tras repuntar ao 14% a xornada anterior despois de baixar a un 9,3% o mércores e situarse nun 10,9% o martes tras arrincar esta semana nun 13%. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

Un cribado para detectar casos de covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza / Sergas. / Europa Press
Un cribado para detectar casos de covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza / Sergas. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta