Denuncian a desfeita do altar en homenaxe a Samuel na Coruña

Unha persoa deu a voz de alarma a través de Twitter e pouco despois o espazo foi restituído.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O espazo de homenaxe a Samuel Luiz no lugar no que ocorreu o seu asasinato na Coruña apareceu desfeito este xoves, con pétalos esmagados e os diferentes obxectos amontoados. O 'altar' estaba situado na Avenida Bos Aires, onde xente anónima fora depositando peluches, flores ou candeas. Unha persoa deu a voz de alarma da súa desfeita a través de Twitter, e pouco despois o espazo foi restituído. 

Foto do espazo de homenaxe a Samuel estragado
Foto do espazo de homenaxe a Samuel estragado | Fonte: Twitter - @Gorllitox

Polo momento descoñécese quen puido estar detrás desta acción no lugar, mais o feito provocou unha onda de indignación nas redes sociais, onde os usuarios volveron poñer o foco no asasinato de Samuel como "delito de odio". A investigación do seu crime continúa baixo segredo de sumario. 

Na actualidade hai tres mozos en prisión provisional, comunicada e sen fianza pola malleira que lle custou a vida a Samuel Luiz. Ademais, dous mozos que non alcanzan a maioría de idade --un deles con antecedentes penais-- ingresaron nun centro de menores. Unha sexta detida, unha muller de entre 20 e 25 anos, foi posta en liberdade condicionada a comparecencias regulares no xulgado.

Publicamente, polo menos o avogado dun dos mozos que permenece encarcerado xa reclamou o levantamento do segredo de sumario, pero a Audiencia Provincial aposta por que a partes non poidan acceder ao contido das dilixencias ata que leven a cabo as testificais das persoas que presenciaron a malleir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta