Levántase o campamento que mantiñan as auxiliares de Endesa tras o compromiso de mediación da Xunta

"Hai unhas perspectivas", explicou esta tarde Nicasio Pena, responsable do sector enerxético de FICA-UGT, que engadiu que tanto Endesa como a Xunta accederon a reunirse coa coordinadora de auxiliares a semana que vén.

Por E.P. | As Pontes | 23/07/2021 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Dezaoito días despois de instalarse na praza do Concello,a coordinadora de auxiliares das Pontes acordou na tarde deste venres pór fin á acampada tras o "cambio de actitude" que percibiron no goberno galego durante a reunión mantida co conselleiro de Economía, Francisco Conde, o pasado luns.

A mobilización xustificouse a comezos deste mes pola "indiferenza" das administracións e a eléctrica en relación coa situación laboral dos operarios das empresas complementarias de Endesa --preto de 200 persoas-- tras finalizar a garantíade emprego comprometida pola multinacional tras anunciar o peche da térmica.

"Hai unhas perspectivas", explicou esta tarde Nicasio Pena, responsable do sector enerxético de FICA-UGT, que engadiu que tanto Endesa como a Xunta accederon a reunirse coa coordinadora de auxiliares a semana que vén.

Pola súa banda, o portavoz da CIG, Alberte Amado, aseverou que na reunión do pasado luns co Comité de Crise das Pontes "xa se deu un gran paso, sobre todo polo cambio de actitude que vimos na Xunta", ao comprometerse a "sentar con Endesa para falar de proxectos concretos e solucións laborais de futuro que arroupen aos compañeiros da industria auxiliar".

Amado considera que dese encontro "teñen que saír garantías de emprego e alternativas laborais reais a curto prazo". "Aínda que chegue algo tarde", afirmou o representante da CIG, "temos que serconstructivos".

Por último, o secretario comarcal de CCOO Ferrol, José Furtado, congratulouse de que "Xunta e Endesa cambiasen o chip" e desvelou que institución e empresa mantiveron xa un primeiro encontro "e parece que a cousa pinta ben". "Agora toca traballar conxuntamente entre todos", engadiu Furtado, "para ver se somos capaces de parar a dinámica de lasauxiliares, con despedimentos e traslados, e que estes compañeiros queden aquí traballando".

As auxiliares de Endesa levantan a acampada reivindicativa nas Pontes
As auxiliares de Endesa levantan a acampada reivindicativa nas Pontes | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta