Sanidade comunica tres falecementos por covid-19

Xa son 2.447 os falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou tres novos falecidos por covid-19 este venres, polo que a cifra de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascende a 2.447.

Os últimos óbitos rexistrados na Comunidade galega correspóndense coa xornada do xoves. En concreto, tratábase dunha muller de 85 anos que estaba ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); e xa durante este venres, unha muller de 94 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e un home de 94 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Todos presentaban patoloxías previas.

Conforme avanzou o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notificaba cada día ha ido en descenso en Galicia, na liña do que sucede no resto do país.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta