Pontón acusa ao PP de "criminalizar" aos mozos para "tapar os problemas de xestión da pandemia"

A portavoz nacional do BNG tamén se referiu a outros problemas que afectan ás novas xeracións como "o paro, a precariedade laboral e a emigración".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou este sábado ao PP e á Xunta de "criminalizar" e "responsabilizar" aos mozos para "tapar os problemas de xestión" da pandemia da covid-19.

Durante o acto convocado por Galiza Nova no Panteón de Galegos Ilustres para lembrar as figuras de Rosalía de Castro e a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Pontón recalcou o compromiso do Bloque coas novas xeracións.

"Ímonos a deixar a pel na defensa dun futuro digno para os mozos", proclamou, porque sen eles "non se pode construír unha Galicia con futuro". "Sodes imprescindibles, necesitámosvos a todos e a todas", incidiu.

Por todo iso, Ana Pontón criticou que a Xunta pretendese hai meses culpabilizar aos universitarios cando despois os cribados que promoveu o mesmo Goberno galego "evidenciaron esta gran mentira". "É o que están a volver a facer agora e o problema é que non hai vacinas", agregou, para seguidamente reclamar o sistema de autocita "para todos e todas as novas" e non só para a franxa de 16 a 19 anos.

A portavoz nacional do BNG tamén se referiu a outros problemas que afectan ás novas xeracións como "o paro, a precariedade laboral e a emigración", así como as "dificultades de acceder a unha vivenda". "Temos que construír un país onde este deixe de ser o futuro da xente nova porque en Galicia hai capacidade suficiente para darlle emprego", asegurou.

Neste acto en memoria de Castelao e Rosalía tamén participaron decenas de militantes de Galiza Nova capitaneados polo secretario xeral da organización, Paulo Ríos, quen apelou a que a mocidade "non se resigna a coñecer o pasado e continúa reivindicando e esparciendo a memoria e o traballo" destes dous intelectuais.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha homenaxe organizada por Galiza Nova a Rosalía de Castro e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha homenaxe organizada por Galiza Nova a Rosalía de Castro e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que o BNG precisa dos mozos e mozas deste país, sábeno ben as enquisas ! O problema segue a ser un partido estalinista que se chama UPG ! Non vexo eu aos mozos dispostos a traballar gratis para o país de ningures ! Se logo de 57 anos predicando non aceptan siquera un humilde Proxecto de Recuperación para Galicia (de que futuro falan? do seu propio ?) Cicais sexa iso que para algúns Galicia é un teto inmenso que os amamanta de por vida ! https://i.gal/gam25