Anova pide unha "Galiza ceibe" e critica á Patrulla Águila que "espallou estupacientes de cor vermello e amarelo"

A formación de Beiras celebra o 25 de Xullo nun acto no parque de Galeras e os independentistas con outra marcha polas rúas da capital.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/07/2021 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

O Día da Patria Galega celebrouse con varios actos de formacións nacionalistas e independentistas. Ademais do masivo acto do BNG, tamén Anova, a formación fundada polo histórico Xosé Manuel Beiras, celebrou un acto no Parque de Galeras da capital galega, e os independentistas galegos de Agora Galiza- Unidade Popular e outros colectivos independentistas, outra marcha paralela á convocada polo BNG.

Mentres, Anova, cofundada polo histórico Xosé Manuel Beiras, tamén reivindicou unha "Galiza ceibe" nun acto no que o seu portavoz nacional, Antón Sánchez, incidiu na necesidade de "construír un suxeito que articule todas as loitas sociais", como a defensa dos servizos esenciais.

Antón Sánchez, que tamén estivo arroupado polo exalcalde Martiño Noriega, cualificou de "provocación" e "mostra de debilidade" a exhibición dos avións da Patrulla Águila que, parafraseando a Beiras, "espallaron estupefacientes de cor vermello e amarelo".

Beiras e Antón Sánchez no acto de Anova do Día Nacional de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Beiras e Antón Sánchez no acto de Anova do Día Nacional de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 Romanonpagatraidores

O único que pide Anova a día de hoxe son papas...

7 Votante da FPG

Xa temos chistes para os de Benito Soto Troleada Portuguesa, perdón, Galega.

6 Upegallo

Ostia neno los gaiteiros del benegué siempre te juntan peñita guapa el vintecinco porque te es el único día que hacen algo y siempre arrastran a los de la terceira idade porque no tienen moito que facerlle ese día. El resto del año o están dando clases del gallego o te van de viños, moi de revolucionarios todo eh!

5 Gamela

A día de hoxe aínda ninguén soubo explicar cales foron as razóns PROFUNDAS do desastre de En Marea (Villares) Mentras alucinan coas cores da Patrulla Águia aquí temos unha conclusión que aínda non foi desmentida por ninguén http://gamela00.blogspot.com/2016/1...

4 Triste final

Nun acto que congregou... sete persoas? Ou foron oito ou nove? Non parece que chegaran a dez.