Sánchez anuncia unha "rebaixa histórica" das peaxes da AP-9 a próxima semana

O presidente do Goberno recalcou o seu "compromiso" coa "chegada inminente" da alta velocidade ferroviaria a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo que o Consello de Ministros do martes aprobará unha "drástica redución" das peaxes da AP-9 que se materializará "a partir da próxima semana".

Este anuncio fíxoo Sánchez durante a súa intervención na cerimonia de entrega da Medalla de Ouro de Galicia a todo o persoal que integra o dispositivo de vacinación contra a covid-19. O acto, celebrado no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago, estivo presidido tamén polo rei Felipe V e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa presenza de numerosas autoridades, entre elas o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas, e das vicepresidentas primeira e segunda do Executivo central, as galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz, respectivamente.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande / Europa Press.  / Europa Press
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande / Europa Press. / Europa Press

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aproveitou a súa intervención para recalcar o "compromiso" do seu gabinete coa "chegada inminente" da alta velocidade ferroviaria a Galicia e para anunciar unha "rebaixa histórica" de peaxes no próximo Consello de Ministros a través de bonificacións "que van supor un aforro de 2.300 millóns de euros".

Esta medida que afectará a un "elemento imprescindible para a mobilidade" dos galegos materializarase, engadiu, a partir "da próxima semana". "Vai permitir desviar a circulación de rutas alternativas e por tanto mellorar algo, que sei que é moi sentido por parte do conxunto da sociedade galega, a seguridade viaria", agregou.

Ademais, sobre a "inminente" chegada do AVE á Comunidade prevista para os últimos meses de 2021, Sánchez afirmou que suporá "un antes e un despois na historia de Galicia e de toda España".

"DOUS FITOS"

Estes "dous fitos" enmarcounos o presidente na folla de ruta do Goberno de España para "liderar o camiño da recuperación da man dun Ano Santo Xacobeo que é especial". Xunto a iso, mencionou a cohesión territorial como "un dos enormes retos" do actual século.

"Nesta crise non podemos deixar a ninguén atrás", aseverou Sánchez, referíndose non só ás persoas, senón tamén a "todos e cada un dos territorios de España" para que todos os cidadáns "teñan os mesmos dereitos e os mesmos servizos".

De feito, recoñeceu a Galicia como unha terra cunha identidade "orgullosamente rural", polo que "merece que se atenda con urxencia" o reto demográfico e o impulso das infraestruturas públicas.

"VER POR FIN O AVE ENTRANDO A GALICIA"

Precisamente, o presidente da Xunta empregara o seu discurso para pór o foco na "recuperar o pulso" de Santiago e o Camiño neste 2021 que non só é Ano Santo, senón que tamén é o ano no que espera "ver por fin o AVE entrando a Galicia", tal e como reivindicou.

Neste punto Feijóo tamén insistiu en "o, impulso" que suporán os fondos 'Next Generation' para "pór os cimentos dos ambiciosos proxectos de reactivación" da economía. "Presidente, esperamos que a túa presenza hoxe aquí supoña un respaldo a todos estes grandes retos que temos por diante, nos que necesitamos a cooperación e o apoio de todos para que sexa un éxito", apeláralle o mandatario galeg

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estamos fartos de ANUNCIOS... Queremos ver a letra pequena do asunto !!!