Temas: PANDEMIA VIVEIRO

Viveiro ten 1.300 casos por cada 100.000 habitantes, o seu máximo desde o inicio da pandemia

O Concello apela á "responbilidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O Concello de Viveiro  alcanzou chega ao seu maior número de contaxiados desde o inicio da pandemia, cunha incidencia que se sitúa case nos 1.300 casos por cada 100.000 habitantes.

Vista de Viveiro /  ELISEO TRIGO/EFE
Vista de Viveiro / ELISEO TRIGO/EFE

A cifra de positivos, segundo concretou a alcaldesa desta localidade, María Loureiro, ascende a 196, o que leva á rexedora a advertir que o municipio conta "cun número de positivos ao que nunca se chegou".

No entanto, Loureiro apelou a que a "situación é diferente en relación a outros brotes ou ao que foron outros peches perimentrales", dado que "a maior parte da xente está vacinada, tamén moita xente nova recibiu a primeira dose". "O panorama sanitario é diferente a outros brotes, estamos con medidas e invocando a responsabilidade individual", sinalou, para cortar a expansión dos contagios.

O municipio de Viveiro sitúase en nivel alto de restricións e de momento non se observa un "baixón" en canto a turistas ou visitantes que se pasan por este municipio da Mariña de Lugo.

Con todo, a alcaldesa recoñeceu que este alto número de contaxios "repercute en canto a aquelas medidas que afectan bastante o sector máis prexudicado que é o sector hostaleiro e o máis complicado é que compromete aos hostaleiros dado que aqueles que entren nun local teñen que presentar un certificado de vacinación". "Isto provoca desconcerto. Por Viveiro xa se ve a moita xente e esperamos que isto prexudique o menos posible", concluíu María Loureiro.

Temas: PANDEMIA VIVEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta