Denuncian que o Sergas non lle paga a unha muller operada en Burela o que pagou en fisioterapia privada

Tivo que acudir á sanidade provida porque no Sergas dixéronlle que o seu caso non era urxente.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 26/07/2021 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

Unha das portavoces da Plataforma Sanitaria da Mariña, Montse Porteiro, denunciou que o Sergas se nega a abonar a unha muller operada nun ombreiro en Burela en 2016 o que pagou por sesións de fisioterapia na privada.

Hospital Público da Mariña. AXM
Hospital Público da Mariña. AXM

Porteiro concretou que "esta muller denuncia que tras unha intervención cirúrxica no ombreiro en 2016, ela queda con secuelas que a dificultan na súa actividade diaria e no seu traballo". Despois da operación, relata a activista da Mariña, "solicítaselle a rehabilitación post cirúrxica que é moi necesaria, pero este servizo non llo dan ata finais de 2020".

É entón cando ela acode á sanidade privada "e o Sergas, ao pasarlle a minuta, non quere facerse cargo porque dixo que non era urxente, nin unha necesidade". "Este é un atraso inaceptable, esta tardanza, esta falta de continuísmo terapéutico do Sergas. Ademais realizáronlle unha resonancia tras catro anos da operación, en decembro de 2020 e a data de hoxe non foi informada", afeou.

Montse Porteiro condenou, á súa vez, que "esta muller quería pedir unha discapacidade no traballo e, para iso, necesita un informe da súa intervención e das secuelas que aínda non llo han dado".

Finalmente, por parte da plataforma sanitaria critícase que "aquí non só se está incumprindo de forma flagrante a lei de garantías sanitarias, senón que se está vulnerando o principio de gratuidade da asistencia pública que contempla a Lei Xeral de Sanidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta