O cambio da Avenida Juan Carlos I por Virxinia Pereira en Pontevedra xa é firme

O veciño que quería manter o nome do rei para a rúa desiste de continuar co recurso que presentara.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/07/2021 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A denominación da Avenida Virxinia Pereira, que desde o pasado 23 de abril substituíu o nome de Juan Carlos I, será definitivo despois de que un veciño dese viario desistise de continuar co recurso que presentara contra o cambio de denominación. "Temos a honra de ser das primeiras cidades que quitou do seu rueiro ao Borbón para poñer unha muller emblemática como Virxinia Pereira", afirmou a portavoz do goberno local, Anabel Gulías.

O desistimiento destas accións xudiciais, contra as que non cabe recurso, ratificarase no próximo pleno da corporación, xa que o cambio de nomenclatura fora un acordo plenario adoptado cos votos a favor do goberno municipal formado polo BNG e o PSOE, contra os votos negativos do PP e dun concelleiro non adscrito. "A pesar de que os malos presaxios dicían que iamos ter que botar atrás unha decisión deste calibre", precisou Anabel Gulías tras a xunta de goberno, en alusión á oposición, "vai ser que non", polo que cualificou de "boas noticias" este anuncio. 

Un operario retira a praca e membros do goberno local mostran a nueva.
Un operario retira a praca e membros do goberno local mostran a nueva. | Fonte: Efe

O acto simbólico de retirada da praza o nome de Juan Carlos I contara coa asistencia do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e os edís de Cultura, Protección Cidadá e Obras, Carme Fouces, Eva Vilaverde e Demetrio Gómez, respectivamente. O rexedor municipal destacara entón a figura de Virxinia Pereira como "defensora do legado de Castelao" fronte ao rei emérito, do que sinalara que "non é merecedor" do recoñecemento que supón formar parte do rueiro urbano.

No entanto, o rexeitamento dun residente á nova denominación da avenida chegou a motivar o recurso xudicial --ao que agora renunciou-- argumentando falta de "fundamentación legal nin moral" e unha concentración veciñal con escasa repercusión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta