O 'Tradfest' de Santiago reúne máis de 60 artistas para festexar a música de raíz

Entre as actuacións están Caamaño & Ameixeiras, Banda das Crechas ou Cuarteto Caramuxo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2021 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Santiago festexará este sábado 31 a música de raíz cunha nova edición do 'Tradfest', que conta coa colaboración da Xunta para o desenvolvemento de 20 concertos, 'ruadas' e unha feira de artesanía, entre outras actividades, coa participación de máis de 60 artistas.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou este luns na presentación do evento xunto ao concelleiro de festas da cidade, Gonzalo Muiño, e representantes da organización: Aclamación Belho, de Nordesía Producións; e Mauro Senín, de aCentral Folque. Ademais, interveu Antía Ameixeiras, unha das artistas que actuarán no encontro promovido polo Concello e 'La Voz de Galicia'.

Enmarcado na programación das Festas do Apóstolo, o evento inclúe as actuacións da Banda das Crechas, Felisa Segade, Os da Porfía, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras e Sheila Patricia na Praza da Quintana. En Bonaval uniranse tamén Antonio Prado e Miguel Vázquez, Mózart á Galega, Tobie Miller, Tor, Grupo 1500, Xico de Carinho e Cuchús Pimentel, Najla Shami, Arredor da Tradición, Caldo e Cuarteto Caramuxo, entre outros.

Caamaño & Ameixeiras
Caamaño & Ameixeiras | Fonte: Caamaño & Ameixeiras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta