Applus+ xestionará desde Sada o seu centro de servizos financeiros para 70 países

O perfil dos profesionais incluirá desde xerentes das diversas áreas, graduados en administración de empresas ata técnicos/FPs.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A multinacional española Applus+ establece en Galicia o seu centro de servizos financeiros internacionais, co que dará emprego a 100 profesionais cualificados. Está previsto que inicie a súa actividade antes de que finalice o ano 2021, segundo informa a empresa.

O servizo, que ata agora se prestaba desde Asia (Filipinas) con persoal local, estará situado agora na sede que Applus+ ten en Sada (A Coruña). A súa área de influencia abarcará Norteamérica, Oriente Medio, Asia, Latinoamérica e norte de Europa.

Na actualidade, a compañía tecnolóxica emprega a 1.500 profesionais en Galicia, distribuídos nos seus servizos corporativos e as súas divisións Automotiveye Energy & Industry. En total, Applus+ conta con máis de 23.000 traballadores en máis de 70 países. O centro de servizos financeiros internacionais agrupará as áreas de finanzas, administración, contabilidade xeral, xestión de cobros e facturación.

O traslado a Galicia supón, segundo resalta a firma, "un fito no retorno a Europa" deste tipo de actividades. A elección de Galicia responde a "vantaxes competitivas" que Applus+ aprecia neste territorio, tanto no referente ao talento e a capacidade dos seus profesionais como á contorna tecnolóxica, económica e empresarial.

O desenvolvemento do centro será "gradual", apunta. Nunha primeira fase atenderá aos países de Oriente Medio onde a multinacional ten presenza, para despois incorporar a Canadá e Estados Unidos. Máis tarde incluirá todo o territorio asiático e finalmente tamén Latinoamérica e norte de Europa.

Applus+ espera que o servizo contribúa ao desenvolvemento dixital da sociedade galega. O perfil dos profesionais incluirá desde xerentes das diversas áreas, graduados en administración de empresas, técnicos/FPs en administración e expertos dixitais e enxeñeiros para xestionar o proceso de robotización.

Teleoperadora
Teleoperadora | Fonte: Eulen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta