Condenan a once anos e medio de cárcere a un home por abusos continuados á filla da súa parella

O tribunal subliña que percibiu o testemuño da vítima, xa maior de idade, "como absolutamente coherente e sólido".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a once anos e medio de cárcere a un home como autor dun delito continuado de abusos sexuais con penetración e abuso de superioridade sobre menor de 16 anos.

A sección cuarta da Audiencia tamén lle impuxo a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante un tempo superior en cinco anos ao de duración da pena de prisión, así como, durante o mesmo período, a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores.

Ademais, deberá cumprir nove anos de liberdade vixiada e indemnizar á afectada con 40.000 euros, segundo recolle a sentenza, con data de este 28 de xullo.

Os maxistrados consideran acreditado que o sospeitoso abusou en 2016 da filla da súa parella, quen tiña 14 anos. "Dicíalle á menor que se o ocorrido llo contaba a alguén, el iría ao cárcere, pero ela iría a un centro de menores e perdería á súa familia e amigos", relatan os xuíces, quen indican que cando a nai descubriu os feitos, puxo fin á relación co acusado.

Ademais, destacan que a menor precisou de asistencia psicolóxica para superar as secuelas dos feitos. O tribunal subliña que percibiu o testemuño da vítima, xa maior de idade, "como absolutamente coherente e sólido, sen apreciar a existencia de datos que leven a considerar que puidese haber fabulado ou inventado ou que puidese ser inducida ou manipulada para incriminar ao acusado".

Os maxistrados tamén destacan "a minuciosidade e obxectividade das psicólogas forenses na elaboración do informe de credibilidade da vítima e na obtención das súas conclusións".

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta