O mercado galego de vehículos de segunda man creceu un 41% durante o primeiro semestre

O incremento baséase "sobre todo" en operacións feitas por particulares e coches que teñen máis de dez anos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/07/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

As transferencias de vehículos de segunda man aumentaron un 41% en Galicia no primeiros seis meses do 2021 e situáronse en 57.101 unidades, de acordo coas cifras da consultora MSI para a patronal de concesionarios Faconauto.

Imaxe dun concesionario de coches. COCHES.NET - Arquivo
Imaxe dun concesionario de coches. COCHES.NET - Arquivo

Faconauto explica que esta suba se sustenta, "sobre todo", en operacións feitas por particulares e con coches con máis de dez anos, vehículos que supoñen o 60% de todos os usados en España e que creceron un 45,7% no primeiro semestre.

Ademais, estas transferencias tamén aumentaron a nivel estatal e superaron os dous millóns de unidades no primeiro semestre, coa chegada a niveis de mercado previos á pandemia.

Faconauto apunta á suba do imposto de matriculación e á situación económica das familias como principais causas da menor compra de vehículos novos.

Así, asegura que os compradores apostan por coches usados de entre un e cinco anos, cun crecemento do 65% deste segmento do mercado no que vai de ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta