A DXT prevé máis de 470.000 desprazamentos na zona noroeste na operación do 1 de agosto

Sinala unha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/07/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé máis de 470.000 desprazamentos na zona noroeste de España, na que se sitúa Galicia, no marco da operación especial do 1 de agosto, que arrinca este venres, 30 de xullo.

Tráfico rodado na cidade da Coruña durante o estado de alarma / ANDY PEREZ - Arquivo / Europa Press.
Tráfico rodado na cidade da Coruña durante o estado de alarma / ANDY PEREZ - Arquivo / Europa Press.

Segundo os datos facilitados pola DXT, entre as 15,00 horas deste venres, 30 de xullo, e as 24,00 horas do domingo 1 de agosto estímase que a rede viaria do noroeste rexistrará un 10 por cento dos 4.730.000 movementos previstos en España.

No caso concreto de Galicia, a DXT avisa de que as estradas afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación serán a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Por provincias, avisa dunha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra, como o acceso ás cidades e zonas costeiras como a praia da Lanzada en Sanxenxo.

Polo seu lado, nas estradas das provincias de Lugo e Ourense advirte de tres puntos conflitivos en cada caso; na A-8 e en acceso a praias na primeira, e na entrada da capital na segunda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta