Sanidade adquire un millón máis de agullas para dispor de reserva e acabar a vacinación masiva

O Goberno galego adquiriunas por un importe de 58.500 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O Goberno galego abordou na súa reunión deste xoves un informe no que se ratifica a contratación por trámite de emerxencia, da subministración dun millón de agullas hipodérmicas, por un importe de 58.500 euros, para dispor de reserva estratéxica co obxectivo de poder finalizar o proceso de vacinación masiva fronte á covid.

Esta é a sexta compra de agullas por parte do Servizo galego de Saúde. As cinco anteriores supuxeron un investimento de 553.466 euros.

Na súa reunión deste xoves, o Consello da Xunta tamén abordou un informe referido a contratación do servizo de almacenamento, distribución e loxística das vacinas contra a covid por case 1,5 millóns de euros.

Así mesmo, autorizáronse outros 3,4 millóns de euros para adquirir material fronte á covid para varios centros das áreas sanitarias de Santiago-Barbanza, A Coruña-Cee; e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Tamén se acordou destinar máis de 3 millóns a reforzar a dixitalización da Universidade de Vigo no curso de transición cara ao fin da pandemia; e concretouse que a Xunta financiará as obras de reforma do antigo mercado de Santa Lucía para construír un centro de saúde un 70% maior no barrio coruñés da Falperra.

Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19
Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19 | Fonte: Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta