O presidente dos hostaleiros galegos defende as "medidas excepcionais" para que o sector "siga aberto"

"Ou iso ou nos pechan", advirte para xustificar que os establecementos teñan que pedir certificado de vacinación ou test Covid negativo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/07/2021 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación Empresarial de Hostalaría e Turismo de Galicia, entidade formada polo catro asociacións provinciais da Comunidade galega, Cheché Real, defende as "medidas excepcionais" adoptadas "nunha situación excepcional" como a pandemia pola Covid-19.

Unha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021
Unha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021 | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

"Ou iso ou nos pechan", afirmou, para defender que teñan que solicitar aos clientes que queiran acceder ao interior dos establecementos hostaleiros un certificado de vacinación ou unha proba Covid negativa nos concellos en nivel alto e máximo de restricións.

Por iso, tras lembrar que en hoteis "unha persoa en recepción" che pide o DNI para rexistrarte, nos establecementos de hostalaría teñen que solicitar xustificantes Covid. Por iso, apela a que "colaboren todos", tanto o sector como a cidadanía.

Real comentou que o sector hostaleiro "quere traballar" e puxo como exemplo á hora de pedir documentación o caso de "cando un desconfía da idade que se lle require documentación" ao cliente antes de servirlle. "Quero seguir traballando e ter o meu establecemento aberto", reivindicou como máxima para cumprir con este requisito.

Neste sentido, insistiu en que para que o sector hostaleiro non deixe de traballar no contexto de pandemia actual teñen que "colaborar para que non pechen". "Ou entra en vigor isto ou temos que pechar", apostilou.

"DAN SEGURIDADE"

Con todo, admitiu que "hai que mellorar o sistema", xa que aos maiores de 12 anos se lles esixe unha proba negativa de Covid para entrar nun establecemento situado nun concello con alta incidencia, posto que ata os 16 anos non teñen posibilidade de vacinarse na actualidade en Galicia. Ao tempo, remarcou a "seguridade" que supón esa documentación para o resto de clientes e para traballadores.

"Son medidas excepcionais nunha situación excepcional de pandemia", reiterou, para matizar que "dan seguridade", tanto "aos que estean no establecemento" como ao empresario e traballadores do local. "Non nos poñamos atrancos nós mesmos nas rodas", sentenciou, para apelar ao cumprimento da normativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta