Ignacio Rivera (Estrella Galicia): "Non coñezo ninguén que viñese a Galicia pola fiscalidade, pero que marchasen, moitos"

O CEO de Corporación Hijos de Rivera reclama maior competitividade para os empresarios en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/07/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O CEO da Corporación Hijo de Rivera, Ignacio Rivera, reclamou unha maior competitividade para os empresarios en Galicia porque sostén que "moitos" marcharon pola súa fiscalidade, o que advertiu que lles obriga a reformularse plans de investimento actuais.

Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera.
Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera. | Fonte: CESUGA.

"Creo que é un momento para reflexionar desde Galicia sobre como se están facendo as cousas. Non coñezo ninguén que viñese a Galicia pola súa fiscalidade, nin polas grandes axudas que recibimos, pero que teñan marchado, a moitos", afirmou Rivera, segundo un comunicado difundido por Cesuga sobre a súa participación nun evento organizado por este centro de estudos.

A xornada contou coa intervención de representantes do empresariado galego e, entre eles, do director executivo da Corporación Hijos de Rivera, que incidiu na necesidade de revisar a fiscalidade de Galicia para evitar a fuga de compañías e a perda de capital.

"Necesitamos competitividade, chan industrial... Eu creo que todas as administracións poden facer que Galicia sexa máis competitiva, pero non o están facendo. Creo que non se está apoiando ao empresario e ao emprendedor", queixouse Rivera. A asociación de Empresarios galegos no mundo recoñeceu a Ignacio Rivera como mellor empresario en Galicia.

Durante a súa intervención, Rivera puxo en valor o "potencial" de Europa, que se diferencia doutros continentes pola descentralización do talento. "En América e Asia o talento está moi focalizado, pero en Europa haino en moitos países e hai que aproveitar esa oportunidade", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta