A iniciativa de promoción da lingua 'FalaRedes 2021' achega a 26 localicades lecer en galego

A oferta inclúe 30 actividades para todos os públicos, desde bebés a público adulto

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 30/07/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A décima edición do programa de dinamización do galego 'FalaRedes' levará aos concellos --26-- e entidades adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, máis de 180 pases e 30 actividades.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este venres a edición de 2021 e destacou que esta iniciativa "encherá o verán e o outono de programación de lecer en galego e de calidade" e que permite ademais á Xunta "avanzar no obxectivo de ampliar a oferta en galego e promover o uso e valorización positiva da lingua á vez que apoiamos aos profesionais do sector para superar os efectos da crise sanitaria".

Tal e como explicou a Consellería de Cultura nun comunicado, 'FalaRedes' é un programa que se desenvolve en entidades locais pertencentes á RDL e que busca "ampliar a oferta de lecer en galego e promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia, así como apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo na lingua propia de Galicia".

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade lembrou ademais que este verán a Xunta de Galicia impulsa máis de 3.000 actividades por toda a xeografía galega cun investimento superior aos nove millóns de euros, ao amparo do 'Plan de Reactivación da Cultura'.

En total, FalaRedes desenvolverá, ata finais de agosto, máis de 30 sesións dunha ducia de actividades de diferente índole entre 26 concellos e entidades adscritas á RDL. Destas actividades, 11 están destinadas a un público infantil e familiar que abarca desde losmás pequenos, bebés de 0 a 3 anos, como é o caso do espectáculo-taller 'Derruba da lúa', da compañía Rilo & Penadique; ata os adolescentes, o público potencial ao que enfoca o seu monólogo humorístico, 'Faladde galego chavalada... é unha pasada!, o coñecido actor e cómico, Pepo Suevos.

Tamén levarán a cabo espectáculos musicais, espectáculos de maxia e teatro de marionetas. Ademais, e por segundo ano consecutivo, este programa recolle as súas actividades de entre os proxectos seleccionados do 'Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, a iniciativa posta en marcha ao comezo da pandemia "para inxectar liquidez entre as empresas e autónomos do sector".

PÚBLICO ADULTO

No seu último trimestre, a partir de setembro, FalaRedes tamén contará con programación para o público adulto, entre as que destaca 'Bernarda', de teatro Malasombra, gañadora de catro premios María Casares o ano pasado, ou 'Gloria Nacional' e 'Romeo e Xulieta: ou soño do amor', das galardoadas compañías Teatro do Noroeste e Elefante Elegante, respectivamente, entre moitas outras.

Os interesados en coñecer a programación, os lugares e as datas de todas as actividades, poden facelo a través da Axenda de Cultura de Galicia e do Portal da Lingua Galega, en www.lingua.gal/falaredes.

Valentín García. XUNTA
Valentín García. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta