O Sergas centra xa a campaña de vacinación nos mozos de 25 a 29 anos

Administrou máis de 2.000 doses nesta franxa de idade na pasada xornada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

Máis de 1,9 millóns de galegos dos máis de 2,4 millóns a inmunizar contan con polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19, deles 1.733.858 persoas xa teñen a pauta completa ao finalizar o proceso en Galicia.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade ata o peche de vacinación deste venres, recollidos por Europa Press, administráronse 3.510.424 doses das 3.544.615 recibidas ata a data, que representan 8.806 postas máis, un 99,03% das almacenadas.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste pasado venres centrouse en Galicia en administrar primeiras doses, en especial a mozos de 25 a 29 anos, con máis de 2.222 vacinados; e de 30 a 34 anos, con case 2.000 máis; así como en completar pautas, con máis de 4.000 persoas máis inmunizadas. Deste xeito, recibiron polo menos unha dose 38.663 persoas de 25 a 29 anos (+2.222); 9.996 de 20 a 24 anos (+39); 7.405 de 15 a 19 anos (+14) e 195 de 10 a 14 anos (+5).

Ata a data, 1.738.140 persoas da poboación diana a inmunizar en Galicia conta coa dobre pauta, tras finalizar o proceso 4.282 persoas máis que o día anterior. Por condición de vulnerabilidade, os datos actualizados por Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.468 persoas de alto risco (+10) e 15.016 completaron a pauta (+19); mentres que 17.643 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+4) e 17.488 contan coa pauta completa (+7). Ademais, 26.577 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+4) e 26.453 finalizaron o proceso (+6).

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.220 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+6) e 72.225 están inmunizados (+73). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.441 profesionais do ámbito sociosanitario e 27.003 contan coa pauta completa (+70).

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galicia, 44.719 traballadores esenciais e 43.20 completaron o proceso (+446). En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.723.250 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+4.943) e 1.533.033 teñen a pauta completa (+3.660).

Vacinación de menores de 30 anos na Cidade da Cultura. ARXINA
Vacinación de menores de 30 anos na Cidade da Cultura. ARXINA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta