Un novo positivo eleva a 22 os contaxios en residencias galegas

Foi detectado nun centro da Zapateira, na Coruña. Os centros de discapacidade, pola súa banda, suman 24 casos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

As residencias de maiores de Galicia rexistran 22 casos de Covid-19, ao contar un novo na Residencia de maiores Caser A Zapateira, na Coruña; mentres que os casos en residencias de discapacidade mantéñense en 24 positivos.

Segundo informaron este sábado as consellerías de Política Social e Sanidade, dos 22 casos en residencias de maiores, un pertence a Caser A Zapateira, 18 á Residencia Santo Estebo de Perlio (Fene), dúas ao centro Bo Día Magnolio (Vigo) e un á residencia de Val do Dubra.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos centros de atención á discapacidade suman 24 casos, dos que 21 son usuarios do Fogar e Clínica San Rafael de Vigo; seguen dous na RGA Valverde de Allariz (Ourense) e un no CAPD de Sarria (Lugo).

Unha muller pasea unha anciá en cadeira de rodas, nas inmediacións da residencia xeriátrica das Gándaras, en Lugo
Unha muller pasea unha anciá en cadeira de rodas, nas inmediacións da residencia xeriátrica das Gándaras, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta