O BNG denuncia unha "avalancha de recortes" no ensino público: "vai quedar nunha situación límite"

Aseguran que será imposible cumprir os protocolos impulsados pola propia Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do BNG en materia de educación, Manuel Lourenzo, denunciou "unha avalancha de recortes" en todos os niveis do ensino público e cifrou en 435 os docentes menos cos que contará secundaria, o que advertiu que "vai impedir en moitos casos que se poidan cumprir os protocolos Covid".

"Estamos ante unha avalancha de recortes que o Goberno do PP está a aplicar en todos os niveis do ensino público, especialmente grave no nivel de educación secundaria", denunciou Manuel Lourenzo.

Respecto diso, asegura que a cifra de profesorado nos institutos baixa mesmo se se compara cos datos anteriores á pandemia, con 189 docentes menos, segundo un estudo do sindicato CIG. Para Lourenzo, o recorte de efectivos "deixa aos institutos nunha situación límite" porque "moitos centros educativos non van ter capacidade de cumprir os protocolos impostos pola Xunta", a pesar de que "é máis necesario que nunca reforzar o ensino público".

"O Goberno de Feijóo vai en dirección contraria e, xusto no momento en que máis reforzos se necesitan, o que temos por parte da Xunta é un recorte de profesorado sen precedentes", queixouse o deputado nacionalista.

Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións do IES Vilar Ponte. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes de bacharelato minutos antes de entrar ás instalacións do IES Vilar Ponte. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

O deputado nacionalista Manuel Lourenzo na tribuna do pleno do Parlamento galego. BNG
O deputado nacionalista Manuel Lourenzo na tribuna do pleno do Parlamento galego. BNG | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 El Ciz

Unha máis, e Pp e soe recollendo centos de miles de votos na Galiza