A Xunta crea unha comisión da calidade do aire que podería quedar sen presenza ecoloxista

É a denuncia da Federación Ecoloxista Galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A Comisión de Calidade do Aire foi formada recentemente tras someterse a trámite de audiencia o Proxecto de Decreto que establece a súa creación como órgano consultivo da Xunta, co obxectivo de "mellorar a calidade do aire". Segundo explicou a Federación Ecoloxista Galega (FEG) nun comunicado, esta pretende ser un espazo que promova a "participación activa e responsable" da xente para "previr e controlar" a calidade do aire e, en consecuencia, "mellorar" a saúde das persoas.

Ademais, este colectivo asegurou que no Proxecto de Decreto existen "importantes defectos" que poderían provocar que non se garanta a presenza de movementos de defensa ambiental na Comisión.

ESCASA PRESENZA CIVIL

Contaminación. OHIO STATE UNIVERSITY
Contaminación. OHIO STATE UNIVERSITY

Nesta liña, a Comisión só reserva dúas vocalías para representantes da sociedade civil "sen precisar de que sector". Así, a Federación Galega Ecoloxista propuxo que se nomeen dúas vocalías para membros de defensa ambiental, que se sitúen á marxe deses dous representantes.

Así mesmo, solicitou que se realice unha convocatoria a todos os grupos de defensa ambiental do rexistro da Administración a unha reunión centralizada nun local "apropiado" co ánimo de nomear ao devanditos representantes. A reglón seguido, a federación expuxo que as reunións poidan ser solicitadas por un vogal "sempre que esten xustificadas". Isto permitiría xuntas para tratar un episodio concreto sen necesidade de que se teñan que unir máis do 50% dos vogais á solicitude.

Tamén se pediu, por parte da FEG, de que se dote á Comisión dun orzamento "acomodado" para poder realizar as funcións que lle encomenda o Decreto de creación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta