Falecen tres persoas con covid, dúas delas de 54 e 58 anos

Presentaban patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2021 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

Sanidade notificou na tarde deste sábado tres falecementos por covid-19, co que as mortes en Galicia por mor da pandemia ascenden a 2.464. Tal e como se informou aos medios, trátase dunha muller e dous homes. Esta, de 80 anos, faleceu no centro de POVISA; mentres que un dos home, de 54 anos de idade, faleceu no CHUVI; e un terceiro, de 58, no CHUAC. Todos eles tiñan patoloxías previas. 

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller un ancián da residencia de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller un ancián da residencia de San Cibrao | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta