Máis do 71% da poboación diana conta coa pauta completa de vacinación en Galicia

Máis do 78% xa recibiu unha picada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Máis do 71 por cento da poboación diana en Galicia conta coa pauta completa de vacinación contra a Covid-19 tras finalizar o proceso 1.751.468 persoas no conxunto de Galicia, 367 máis que a xornada anterior.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade, recollidos por Europa Press, administráronse 3.523.861 doses das 3.562.215 recibidas ata a data, 419 postas máis.

GRUPOS DE IDADE

Ata a data recibiron polo menos unha dose 1.629.487 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 94,73% das 1.720.101 susceptibles de vacinarse na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 137.458 persoas de 35 a 39 anos (+6) e 105.328 de 30 a 34 anos (+7), o que supón 242.786 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 75% duns 323.300 deste grupo a inmunizar en Galicia nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 38.683 persoas de 25 a 29 anos (+10); 10.014 de 20 a 24 anos (+10); 7.410 de 15 a 19 anos (+4) e 196 de 10 a 14 anos (+1).

En total, 1.928.576 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en toda Galicia, que constitúen un 78,57% da poboación diana susceptible de vacinarse na Comunidade galega.

Varias persoas reciben a primeira dose da vacina de AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press.  / Europa Press
Varias persoas reciben a primeira dose da vacina de AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta