Un xulgado rexeita rebaixar o alugueiro de dous locais que alegaban impagos pola Covid

Un xulgado da Coruña rexeita rebaixar o alugueiro de dous locais de hostalería ao non acreditar que a falta de pago se debeu á COVID-19

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/08/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña rexeitou a solicitude de rebaixa do alugueiro dunha empresa arrendataria de dous locais de hostalería dun centro comercial de Culleredo debido ás limitacións da actividade impostas como consecuencia da crise da COVID-19. O maxistrado considera que non se acreditou unha "relación de causalidade" entre a crise sanitaria e as dificultades económicas para pagar a renda "que alega, e non proba," a empresa demandante.

Cadeiras e mesas apiladas nunha terraza o día en que entra en vigor o peche perimetral dun concello
Cadeiras e mesas apiladas nunha terraza o día en que entra en vigor o peche perimetral dun concello | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Desta forma, o titular do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña indica na sentenza que a mercantil debía rendas desde antes da declaración do primeiro estado de alarma. En concreto, segundo sinala o xuíz, debía as de todo o ano 2020 e a renda variable de 2019, así como todas as rendas devindicadas con posterioridade á presentación da demanda, en decembro de 2020. Por iso, o xuíz insiste en que é "máis que dubidosa" a relación causal da crise sanitaria coa falta de pagamento de rendas.

Ademais, sinala que, neste caso, existe unha "repartición contractual de riscos", pois a compañía  arrendadora "contribuíu con 100.000 euros ás obras de adaptación do local ou locais arrendados e no contrato estableceuse un sistema combinado de renda: unha parte variable (en función das vendas) e un mínimo garantido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta