O Concello de Pontevedra concede licenza para un novo xeriátrico privado

O complexo deseñouse con capacidade para 150 persoas en 132 habitacións individuais e 18 dobres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra concedeu este luns licenza de acondicionamento e instalación dun edificio destinado a unha nova residencia de maiores privada.  Segundo informou a portavoz municipal, Carme da Silva, a Xunta de Goberno deu luz verde a este novo equipamento para a cidade que se situará no barrio da Parda, concretamente na rúa Maruja Mallo.

A empresa solicitante é Atirual Inmobiliaria SL, que comparte sede social en Madrid co grupo Orpea, de orixe francesa. O complexo deseñouse con capacidade para 150 persoas en 132 habitacións individuais e 18 dobres. O proxecto tramitado por Atirual Inmobiliaria sitúase nunha parcela de 1.373 metros cadrados e terá unha superficie construída de 9.879 metros cadrados. Isto significa que será un edificio de baixo máis cinco plantas e baixo-cuberta.

Ademais, o proxecto inclúe a dotación de 27 prazas de aparcadoiro e dúas prazas para motos. O orzamento total para a construción desta residencia é de 6.210.000 euros, segundo os datos facilitados por Atirual Inmobiliaria.

Carme da Silva expresou o seu desexo de que este novo equipamento privado se una á residencia pública que está pendente por parte da Xunta de Galicia nunha parcela cedida polo Concello no barrio da Eiriña e que financiará a Fundación Amancio Ortega.

Unha persoa maior nunha residencia de anciáns. CONSELL DE MALLORCA - Arquivo
Unha persoa maior nunha residencia de anciáns. CONSELL DE MALLORCA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta