A Xunta insiste en pedir "cogobernanza real" e "equidade" na repartición dos fondos europeos

O conselleiro de Facenda asegura que a "cohesión territorial e social non queda garantida".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O Goberno galego reclamou ao Executivo central "cogobernanza real, equidade e lealdade institucional" para xestionar adecuadamente a pandemia e a recuperación económica. Así o trasladou este luns o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, despois de asistir á Conferencia Sectorial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se celebrou de forma telemática.

Valeriano Martínez criticou que "segue sen existir a cogobernanza real" que esixe a Unión Europea, e que os fondos se reparten nas distintas conferencias sectoriais "sen coherencia entre si e sen que as comunidades autónomas sexan consultadas ou poidan opinar" sobras as diferentes asignacións.

Neste sentido, o conselleiro explicou que no encontro deste luns Galicia esixiu "unha maior claridade e que se complete e concrete canto antes" a repartición dos fondos que foron anunciados o pasado venres na Conferencia de Presidentes para poder elaborar os orzamentos coa máxima certeza. En concreto, á marxe de 2021, a Xunta quere saber se en 2022 e 2023 as comunidades van xestionar tamén 55% dos recursos, pero Martínez precisou que non houbo "resposta" a esa pregunta.

SISTEMA DE INFORMACIÓN

Ademais, subliñou que o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e a súa repartición deben contribuír á "cohesión territorial e social, que non queda garantida"; e mostrou a súa "insatisfacción pola tardanza" na implantación dos sistemas de información deste Mecanismo, o que "retarda a execución" dos fondos de recuperación.

Finalmente, Martínez pediu que nese sistema de información se contemplen todas aquelas actuacións que se van levar a cabo en Galicia tanto por parte da Administración do Estado como polas corporacións locais, en aras de garantir a cohesión territorial.

Feijóo e Valeriano Martínez no Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo e Valeriano Martínez no Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta