Baixan os novos contaxiados, os hospitalizados e os casos activos

Con todo, a taxa de positividad redúcese a un 12% no conxunto de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2021 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A situación epidemiolóxica mellora en Galicia cun descenso xeneralizado dos indicadores ao reducirse a 837 os novos contaxios de Covid-19 --tras caer por primeira vez o luns por baixo do milleiro en dúas semanas-- e baixar a 303 os hospitalizados por este coronavirus --25 menos-- e a 18.771 os casos activos. Tamén a taxa de positividade descende a un 12%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI descenden lixeiramente a 42 --un menos--, mentres que os hospitalizados noutras unidades redúcense a 261, que supoñen 24 menos. Ademais, hai 18.468 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en todas, salvo na de Ferrol, que se mantén sen cambios con seis pacientes en UCI pola Covid e 19 noutras unidades. Deste xeito, na de Santiago e Barbanza caen a tres o críticos --un menos-- e a 25 os ingresados noutras unidades --seis menos--; mentres que a da Coruña e Cee segue con 15 en UCI e reduce a 64 os doutras unidades --cinco menos--.

Na de Ourense descenden a cinco os pacientes Covid en UCI --un menos-- e a 36 os que permanecen ingresados noutras unidades --catro menos--; mentres que na de Vigo seguen dous en críticos e caen a 43 os doutras unidades --catro menos--. Polo seu lado, na área de Lugo seguen catro pacientes Covid en UCI e baixan a 39 os doutras unidades --dous menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés aínda que soben a sete o críticos --un máis--, descenden a 35 os doutras unidades --tres menos--.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Tamén se reducen os casos activos de Covid-19 por segunda xornada consecutiva en Galicia ata os 18.771, que supoñen 36 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (863) que contaxios (837), ao que se engaden 10 falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 710 infeccións activas máis que as 18.061 contabilizadas o martes 27 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado. Por áreas sanitarias, baixan en catro das sete: Ourense (-48), Santiago e Barbanza (-42), Pontevedra e O Salnés (-31) e Lugo (-26); mentres que aumentan nas da Coruña e Cee (+89); Vigo (+13) e Ferrol (+9).

Así, con máis infeccións activas continúa a área de Vigo, con 4.590; seguida da da Coruña e Cee, con 4.091; Pontevedra e O Salnés, con 2.894; Santiago e Barbanza, con 2.260; Lugo, con 2.231; Ourense, con 1.715 e á cola segue a de Ferrol por baixo do milleiro, con 990.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, esta primeira semana de agosto mantense a tendencia descendente nos contagios ao arrincar con menos de mil novos, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, e caer a 837 este martes, que implican 102 menos que os 939 do luns.

En Galicia foron confirmados 878 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 27 menos que o día anterior, dos cales 302 corresponden á área da Coruña e Cee; 189, á de Vigo; 110, á de Pontevedra e O Salnés; 103, á de Lugo; 91, á de Santiago e Barbanza; 46, á de Ferrol; e 37, á de Ourense.

En canto á taxa de positividade das PCR, descendeu a un 12 por cento tras comezar esta semana cun repunte ao 14,98 por cento. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai catro semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta