O casco antigo compostelán acolle do 11 ao 19 de agosto o festival de música 'Feito a man'

As entradas poderán adquirirse nos propios establecementos hostaleiros desde catro días antes de cada concerto.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/08/2021 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

As terrazas dos locais que integran a Asociación Cultural Cidade Vella de Santiago de Compostela, organizadora do festival musical 'Feito a Man', acollerán do 11 ao 19 de agosto unha nova edición do encontro artístico con música en directo.

Presentación do Feito a Man 2021
Presentación do Feito a Man 2021 | Fonte: Europa Press.

A directora do festival, Ánxela Porto, afirmou que, a pesar de que os organizadores lamentan "non poder seguir co crecemento e a progresión que presentaba o 'Feito a Man' ata 2019", a "confianza" no proxecto e no seu éxito mantense intacta.

Nesta ocasión, con Santiago de Compostela no nivel alto de restricións desde a medianoite do 31 de xullo e á espera de ver como evolucionan as medidas en función da situación do coronavirus, "o encontro se amolda á situación actual e cambia". "Todas as cousas cambian", sinalou Porto, despois de que a edición de 2020 xa tivese que ser trasladada desde as rúas do centro histórico ata o parque de Bonaval.

A directora do festival recoñeceu que a cultura "está a pasar por un momento moi crítico". A este respecto, fixo referencia ao cartel do 'Feito a Man' 2021, no que se aprecia un faro que guía unha embarcación ata a costa. "A cultura é o faro da vida", afirmou, "polo que agora máis que nunca a sociedade debe dar o seu apoio aos artistas".

Ánxela Porto explicou que a elección das terrazas como espazo para as actuacións, en lugar das tradicionais prazas do centro histórico de Santiago, responde á necesidade de "devolver á vida aos locais, artistas e asistentes aos concertos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta