A Xunta reivindica o papel do sector pesqueiro e marisqueiro na loita contra o lixo mariño

A conselleira do Mar enxalzou especialmente o traballo desenvolvido pola confraría de pescadores de Noia.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/08/2021 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reivindicou o labor desenvolvido polo sector pesqueiro e marisqueiro galego na loita contra o lixo mariño, coincidindo coa inauguración da exposición 'Arte do mar', incluída no proxecto Econoia II da confraría de pescadores de Noia e promovida polas entidades Mar de fábula, Alivavá e Mar de Noia.

Quintana incidiu en que os profesionais do mar están a participar activamente desde hai anos en proxectos como Econoia II --no que se encadra esta exposición de obras realizadas a partir de residuos recolleitos no litoral-- para a retirada dos refugallos atopados na costa e para concienciar á cidadanía da importancia de loitar contra este problema.

No acto, enxalzou especialmente o traballo realizado pola confraría de pescadores de Noia, promotora dos proxectos Econoia I, desenvolvido entre 2021 e 2021, e Econoia II, para este ano e o próximo.

O obxectivo é promover distintas accións de loita contra o lixo mariño entre as que se atopan xornadas de recollida activa de residuos coa participación duns 200 profesionais do marisqueo a pé.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugura unha mostra de obras realizadas a partir de residuos recolleitos no litoral. LUÍS POLO
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugura unha mostra de obras realizadas a partir de residuos recolleitos no litoral. LUÍS POLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta