Os encoros galegos reducen a súa reserva hídrica ata o 57,2%

Xa a semana pasada os datos do Ministerio reflectiron un descenso, nese caso de máis de dous puntos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A reserva hídrica de Galicia perdeu na última semana 74 hectómetros cúbicos e reduciuse o volume recolleito nos encoros ata o 57,2 por cento da súa capacidade, dous puntos menos que hai sete días, segundo os datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, os encoros da conca Miño-Sil atópanse agora ao 53,8 por cento da súa capacidade (2,2 puntos menos que hai unha semana), con 1.631 hectómetros cúbicos. Isto supón que perderon 65 hectómetros cúbicos.

No caso da conca Galicia-Costa, os seus encoros reduciron o seu volume en 1,3 puntos, ata situarse no 72,4 por cento da súa capacidade e en 684 hectómetros cúbicos (9 menos que hai unha semana).

Xa hai sete días, os datos do Ministerio reflectiron outro descenso na reserva hídrica galega, xa que entón os encoros atopábanse ao 59,2 por cento da súa capacidade, máis de dous puntos por baixo do volume da semana anterior.

Encoro de Belesar, preto dos Peares.
Encoro de Belesar, preto dos Peares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta