Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Medios ten un orzamento para creatividade e campañas publicitarias de 5,4 millóns de euros. Unha cantidade de cartos a repartir entre os principais medios de comunicación galegos e españois entre finais do 2020 e 2021, os anos no que o impacto económico da Covid aínda é moi importante con sectores que aínda non se teñen recuperado desta crise sanitaria.

Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo

Así, segundo a documentación consultada por Galicia Confidencial, o departamento que dirixe Mar Sánchez Sierra, a principal asesora de Feijóo e a gran coordinadora da comunicación de todas as consellerías, dispón de 3,6 millóns de euros para repartir entre os distintos medios de comunicación en "campañas institucionais da Xunta de Galicia en datas relevantes para a Comunidade Autónoma".

Por outra banda, esta secretaría tamén dispón de 1,85 millóns de euros para os servizos de elaboración das creatividades para as campañas de comunicación e institucionais da Xunta de Galicia. En total, máis de 5,r millóns de euros entre 2020 e 2021.

Entre as campañas publicitarias da Secretaría Xeral de Medios destacan o 8 de marzo, Día da Muller; o 23 de abril, Día Mundial do Libro; o 17 de Maio, días das Letras Galegas e o 25 de Xullo, Día de Galicia. A estas datas hai que sumarlles as de finais do 2020, entre elas, 4 de outubro, Día dos Animais; o 25 de Novembro, Día da Violencia de Xénero e o 3 de decembro, Día da Discapacidade. Os medios utilizados para estas campañas son a televisión e publicidade exterior só para "campañas globais" e radios e xornais, tanto en papel como as edicións dixitais. 

OITO MILLÓNS MÁIS EN PUBLICIDADE NOS ÚLTIMOS MESES

Este diñeiro súmase aos oito millóns que xa distribuíron outros departamentos da Xunta en campañas publicitarias, o máis importante, o da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación que dirixe Francisco Conde que destinou case catro millóns de euros nunha gran campaña publicitaria de ámbito galego "que poña o acento sobre os retos que afronta a sociedade galega en materia de economía, empresa e innovación".

 

Tamén nos últimos meses a Consellería do Medio Rural, aproveitando o verán e a campaña de incendios, gastou case 1,3 millóns para repartir entre xornais, radios e televisións nunha campaña de concienciación contra os lumes forestais. Este concurso contrasta co que acaba de quedar deserto para dotar de material apropiado aos profesionais contratados pola Xunta para loitar contra os incendios forestais.  Un concurso dotado de 3 millóns de euros que pretendía equipar a estes profesionais con  anorak, forro térmico e cubrepantalón, conxunto de chaqueta e pantalón e traxe e botas de auga.

 

Por outra banda, a Xunta de Galicia gastou case 1,5 millóns de euros noutras campañas publicitarias para, neste caso, promocionar o consumo de produtos galegos coa curiosidade que o fará a través de dous organismos diferetnes; a Consellería do Medio Rural e a Axencia de Calidade Alimentaria. Así, a Axencia de Calidade Alimentaria destinará 700.000 euros para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos galegos con denominación de calidade, mentres que Medio Rural  sufragará 629.960,78 €  para a promoción do leite galego en 2021 e 2022. Por outra banda, a Consellería de Pesca, gastará 172.000 euros para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura entre a poboación xuvenil no 2021 e 2022.

 

Tamén, e dentro desta política propagandística, a Xunta de Galicia privatizou o servizo de redes sociais de Turismo de Galicia, a pesar de dispor un amplo gabinete de comunicación. Unha privatización que custará 154.880 euros durante os dous vindeiros anos e que ten como obxectivo por en marcha un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital coa intención de "manter a sensibilización da poboación galega, nacional, internacional así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia e o Camiño de Santiago nas redes sociais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 Xian do Sil

Exactamente igual que hizo el siniestro bipartito durante los pocos años que asoló Galicia. Me parece que alguno se olvidó de la cantidad de medios ilegibles que desaparecieron cuando los gallegos mandamos para casa a Quin, Touriño y toda la banda. Y exactamente igual que está haciendo el gobierno de PSOE y Podemos con las grandes cadenas de televisión.

1 Manda carallo

Tí non es ben.

1 Xoán Manuel.

A realidade virtual ganará as próximas eleccións?.