A Formación Profesional, o corpo docente no que máis prazas desertas quedan

Do total dos postos que quedan sen cubrir, o 67% corresponde a esta especialidade. Con respecto ao conxunto dos postos ofertados, case un 11% quedaron baleiros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

CIG-Ensino fixo público un resumo dunha análise realizada polo sindicato sobre o resultado das oposicións dos diferentes corpos docentes logo de ter rematodo os procesos selectivos. Sen contar as prazas de promoción interna, que o habitual é que apenas se cubran, este ano volveu quedar sen adxudicar un número "considerable" de prazas,

Estudantes en exames de oposicións. XUNTA
Estudantes en exames de oposicións. XUNTA

Quedaron baleiras 247 prazas das 2.286 que se ofertaban, o que se traduce nun 10,8%. A cifra de persoas aprobadas sen praza é moi baixa, "o que evidencia a carencia dun sistema que debería ser de consucurso oposición máis non o é", indica CIG-Ensino no resumo.

Ademais, a análise tamén mostra a gran diferencia que hai por corpos. As Artes Plásticas e Deseño e o de Mestres concentran o maior número de persoas que aprobaron sen praza, e polo tanto, o menor número de prazas desertas. Tampouco quedaron moitas prazas libres en Securdaria e no Conservatorio. O informe destaca que o 67% do total de prazas desertas correspondern ao corpo de Profesorado Técnico de Formación Profesional.

"REFLEXIÓN ANTE A DISPARIDADE DE DATOS"

CIG-Ensino considera "urxente" que se faga unha reflexión para coñecer que hai detrás da gran diferenza de datos entre o número de prazas desertas entre os distintos corpos "e como se pode evitar cara futuras convocatorias unha situación que nalgúns casos se torna denigrante para moitos compañeiros". Indican que hai moito persoal que leva desempeñado o seu traballo durante moito tempo pero que non puideron superar o proceso selectivo. Ante isto denuncias a necesidade analizalo "en profundidade". "Non semella moi coherente que persoas que teñen as súas programacións visadas ano tras ano polas inspeccións educativas non superen despois esta fase do procedemento", indica o sindicato

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta