O festival 'Espazos sonoros' conxugará o patrimonio histórico coa música medieval

A nova edición celebrarase entre o 11 e o 26 de setembro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/08/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A nova edición do festival 'Espazos sonoros: sons e lugares do reino medieval de Galicia' conxugará o próximo mes de setembro na provincia da Coruña o patrimonio histórico coa música medieval.

Festival Espazos Sonoros
Festival Espazos Sonoros | Fonte: Twitter.

Así o anunciaron na súa presentación que contou coa presenza do deputado de Cultura, Xurxo Couto; o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Pena; a directora artística do festival, Belén Bermejo; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e a concelleira de Cultura de Brión, Sandy Cebral.

Xurxo Couto sinalou a importancia de "pór en valor" o patrimonio e destacou o traballo conxunto de dúas áreas, cultura e patrimonio, para "crear sinerxías".

"Este proxecto é unha liña de traballo de posta en valor da nosa historia, da música e da creación artística", subliñou o deputado de Cultura.

Pola súa banda, Xosé Luís Penas dixo que "o patrimonio ten que ser máis que ver catro paredes, ten que ser unha experiencia social". E cualificou este festival como unha "experiencia sensorial". Así, convidou a todos os residentes dos concellos a gozar das distintas actividades.

"É un orgullo que podamos presumir da riqueza de patrimonio, é un proxecto ideal, contades con Vimianzo e esperamos que teña continuidade", sinalou Mónica Rodríguez.

Doutra banda, Sandy Cebral comentou que "o programa pon valor o noso patrimonio coa música". "Como veciña sempre é un pracer que se achegue á xente a coñecer o noso patrimonio", abundou.

ESPAZOS DO REINO DE GALICIA

Belén Bermejo, polo seu lado, explicou que "son espazos profundamente conectados ao Reino de Galicia". "A través destas xornadas tentaremos achegarnos ao que fomos, ao que somos, ao que puidemos ser", afirmou.

O festival realizarase entre o 11 de setembro e o 26 do mesmo mes e, ademais, de concertos tamén haberá visitas guiadas. 


Por mor das medidas sanitarias da pandemia, os aforamentos serán limitados e as persoas que queiran asistir terán que inscribirse previamente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta