Outros dous falecementos con Covid elevan os mortos en Galicia a 2.481

Faleceron en Vigo e Ourense nas últimas horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

O número de vítimas mortais ligadas á pandemia de Covid en Galicia ascendeu este mércores a 2.481, tras notificarse dous novos falecementos nas áreas sanitarias de Vigo e Ourense nas últimas horas.

Así,fontes de Sanidade informaron do falecemento unha muller de 79 anos de idade á que diagnosticaran coronavirus e que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Igualmente, confirmouse o falecemento dun home de 78 anos de idade, ingresado no Hospital Povisa de Vigo. Tanto este paciente como a muller, presentaban patoloxías previas, segundo informou a Consellería.

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta