Detido na Coruña un home reclamado por Suíza por tráfico de drogas

O home transportaba a cocaína no seu corpo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña un home reclamado polas autoridades suízas como autor dun delito de tráfico de drogas tras exercer de mula ao transportar cocaína no seu corpo. Segundo informou a Policía Nacional, este individuo exercera de "mula" ao levar no interior do seu corpo un quilo de cocaína de España a Suíza. A viaxe realizouno o pasado mes de marzo deste ano en autobús e chegara á cidade de Berna.

Unha vez alí, ao individuo esperábao un coñecido comprador e vendedor de cocaína, que na actualidade tamén se atopa detido. Tras pasar a noite nun hotel de Berna e facerlle entrega da droga ao seu contacto, regresou a España en avión ao día seguinte. Por este feito, Suíza reclama a detención deste individuo mediante unha Orde Europea de Detención. O pasado día 4 de agosto, axentes da Policía Nacional procederon á súa detención.

Tras ela, o Xulgado Central de Instrución ordenou o seu ingreso no centro penal coruñés de Teixeiro, onde se atopa á espera de que se dean os requisitos legais para a súa entrega ás autoridades suízas. Nese país, asegura a Policía, espéralle unha pena de 20 anos de prisión.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta