Pídenlle á Xunta que asuma "dunha vez" as súas competencias para solucionar o conflito de Alu Ibérica

A subdelegada do Goberno na Coruña lembra que "as competencias en materia de Industria en Galicia son exclusivas e correspóndenlle á Xunta"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, reclamou á Xunta de Galicia "lealdade institucional" para tratar de acordar e alcanzar unha solución á problemática laboral de Alu Ibérica.

Nun comunicado, replica que "as competencias en materia de Industria en Galicia son exclusivas e correspóndenlle á Xunta", á vez que lamentou que "non queira ou sexa capaz de afrontar a procura das necesarias e oportunas solucións".

Ao conselleiro de Economía, ínstalle a que "dunha vez por todas, empezo a sumar". "E se non exerce as súas competencias polo menos deixe traballar aos que si están a tentar buscar unha alternativa para garantir os postos de traballo".

"Deben ser consecuentes e respectuosos co esforzo que están a facer os traballadores e o Ministerio de Industria, asumindo responsabilidades que lle corresponden á Comunidade", insiste.

Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña. COMITÉ DE EMPRESA
Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña. COMITÉ DE EMPRESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta