A venda de turismos de ocasión cae un 34,2% en Galicia

Ourense tivo o mellor comportamento respecto a 2020, cunha menor caída do 31,41% e 985 turismos vendidos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en xullo vendas de 8.575 turismos de ocasión, un 34,25% menos respecto ao mesmo mes de 2020, en contraste co descenso do 24% da media, segundo os datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Nos sete primeiros meses do ano vendéronse na comunidade 66.396 turismos de ocasión, o que representa unha suba do 23,87% respecto ao mesmo período de 2020. No conxunto estatal transferíronse un 27% máis en comparación co mesmo período do pasado ano, cando se produciu o confinamento.

Por provincias, Ourense tivo o mellor comportamento en xullo respecto ao mesmo mes de 2020, cunha menor caída do 31,41% e 985 turismos vendidos. No outro lado, Pontevedra anotou a maior caída das vendas de turismos de ocasión, o 36,86% e 3.003 coches transferidos no mes.

As vendas de vehículos de ocasión. ANEVAL - Arquivo
As vendas de vehículos de ocasión. ANEVAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta