Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/08/2021 | Actualizada ás 20:02
Seis persoas máis faleceron en Galicia por mor da covid-19, en hospitais de Ferrol, Vigo e Lugo, co que son xa 2.489 os mortos pola pandemia.
A Consellería de Sanidade notificou a morte no Complexo Hospitalario de Ferrol, o 5 de agosto, dun home de 82 anos que procedía da residencia Santo Estebo de Perlío, en Fene.
Ese mesmondía tamén finaron dous homes no Complexo Hospitalario de Vigo, un de 84 anos que procedía da residencia DomusVi e outro ingresado de 88 anos.
O día 6 certificouse a morte dunha muller de 85 anos no Hospital do Salnés. Ese día tamén morreron unha muller de 91 anos no hospital Povisa de Vigo e un home de 95 anos no Hospital Universitario de Lugo.
Segundo informaron fontes sanitarias, todos os falecidos presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.