Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2021 | Actualizada ás 19:59
As autoridades sanitarias de Galicia notificaron outro tres falecidos diagnosticados con covid-19, o que supón que as vítimas mortais ligadas coa pandemia elévanse en Galicia a 2.492.
En concreto, os tres falecementos dos que informa Sanidade producíronse este venres 6 de agosto, dous deles no Hospital de Verín, un home de 95 anos e unha muller de 87.
Tamén faleceu un home de 91 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
Os tres falecidos tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.