Asociación para a Defensa da Sanidade Pública critica a "a falta de planificación" do Sergas tras o colapso da súa web

"Esa situación é unha mostra máis do colapso crónico do sistema sanitario público galego", apunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública atribúe o colapso da páxina web do Sergas este pasado sábado ante a "avalancha de solicitudes para vacinarse" por menores de 20 anos á "falta de planificación dos recursos sanitarios".

A través dun comunicado de prensa, esta asociación resalta que "esa situación é unha mostra máis do colapso crónico do sistema sanitario público galego", en especial, matiza, "á Atención Primaria semicerrada desde marzo de 2020".

"Agora o colapso afecta as persoas que queren vacinarse para acceder á hostalaría, ao sistema de petición de citas en Atención Primaria e á solicitude de certificados Covid para acceder a locais públicos", expón. Por iso, considera "inaceptable" que o Sergas "oferte vacinar ás persoas novas mediante cita telemática sen dispor da infraestrutura necesaria para facelo".

"A falta de planificación dos recursos sanitarios, os recortes da Atención Primaria perpetrados pola Xunta desde hai anos, a marxinación da mesma no proceso de vacinación e a introdución irresponsable de restricións de acceso ao lecer sen dispor dos recursos sanitarios para evitalas, explican este novo colapso", afirma a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

Por todo iso, esta asociación denuncia que "resulta incrible" que o Sergas "adopte novas medidas destinadas a evitar contactos sociais de risco entre os máis novos non vacinados, sen dispor dun sistema de autocita en liña suficiente para facela efectiva", conclúe.

Erro no servizo web do Sergas pola avalancha de autocitas para vacinarse.
Erro no servizo web do Sergas pola avalancha de autocitas para vacinarse.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta