Madrid entra novamente no rexistro obrigatorio de viaxeiros en Galicia tras semanas sen estar nel

Tamén se inclúe a Euskadi. Saen Castela e León, Cantabria e Asturias e súmanse países como Francia ou Estados Unidos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Xunta inclúe a sete comunidades autónomas --fronte ao oito de fai quince días-- e incorpora a países como Francia e Estados Unidos entre os territorios de procedencia que calquera viaxeiro que chegue a Galicia debe notificar ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) no marco da pandemia pola Covid-19.

O Diario Oficial de Galicia publicou este martes a actualización da listaxe de países e comunidades autónomas con esta obrigación, que implica que as persoas que entren en Galicia despois de estar nestes lugares nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.

A listaxe de comunidades e cidades autónomas baixa en tres territorios en relación a 15 días atrás, xa que del saen Castela e León, Cantabria e Asturias. Seguen sendo de declaración obrigatoria as chegadas desde Aragón, Baleares, Cataluña, Navarra A Rioxa e tamén Madrid e Euskadi.

En canto aos países de Europa, mantense a listaxe en 16 aínda que con cambios coa baixa de países como Grecia ou a incorporación doutros como Francia ou Turquía. En total figuran na listaxe: Andorra, Chipre, Francia, Irlanda, Islandia, Illa de Man, Xersei, Malta, Mónaco, Montenegro, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Rusia, Turquía e Xibraltar.

ASIA E AMÉRICA

Ademais, sae algún territorio do continente americano, pero entra Estados Unidos. Así, están na lista ao redor dunha vintena: Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Curaçao, Guatemala, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes EEUU, Venezuela, Haití, Nicaragua, Panamá, Porto Rico, St Martín, Estados Unidos e Trinidad e Tobago.

No caso de Asia, fíxase a lista nun total de 15, un menos que fai quince días: Afganistán, Bangladesh, Emiratos Árabes Unidos, Indonesia, Iraq, Irán, Israel, Kazajistán, Kirguizistán, Kuwait, Malaisia, Maldivas, Mongolia, Siria e Tailandia.

TODO ÁFRICA

Así mesmo, mantense o rexistro obrigatorio para viaxeiros de todos os países do continente africano, así como os procedentes de Fiji e Polinesia Francesa, de Oceanía.

Esta resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública entra en vigor este mércores, día 11 de agosto, e actualizarase nun prazo máximo de 15 días.

Arquivo - Un home na estación de tren de Santiago de Composteja. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un home na estación de tren de Santiago de Composteja. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta