A Deputación de Lugo sorteará máis de 4.500 'Bonos Impulso' entre os beneficiarios do programa

A institución provincial entregará de maneira directa un bono ás 761 persoas que figuran en lista de espera.

Por E.P. | Lugo | 10/08/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo sorteará este venres mais de 4.500 'Bonos Impulso' entre as persoas que xa son beneficiarias deste programa. Así o anunciou o presidente do ente provincial, José Tomé Roca, nun acto público no Pazo de San Marcos onde se realizará un sorteo e escollerase unha letra ao azar que marcará o apelido a partir do que se iniciará a entrega, de maneira correlativa, de bonos excedentes do programa.

Bono Impulso da Deputación de Lugo.
Bono Impulso da Deputación de Lugo.

Así mesmo, a institución provincial entregará de maneira directa un bono ás 761 persoas que figuran en lista de espera debido a que nos seus concellos se rexistraron máis solicitudes que bonos dispoñibles.

En concreto nos concellos de Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Negueira de Muñiz, O Páramo, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Triacastela e Vilalba.

Doutra banda, a Deputación impulsará actuacións para restaurar unhas sete hectáreas de turbeira da Serra do Xistral, no marco do proxecto 'LIFE in Common Land'.

A iniciativa foi acordada coa comunidade veciñal de montes da Balsa, en Muras, e busca recuperar unha zona degradada coa plantación de masas arboradas a mediados do século pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta