Denuncian a "selección a dedo" do persoal das unidades de investigación de incendios

O CIG mostra a súa disconformidade ante esta proposta levada a cabo pola Consellería do Medio Rural aínda que indica que apoia a creación destas brigadas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Logo da reunión celebrada o día 23 de xullo o CIG denuncia a falta de prazas e o proceso de selección que a Consellería do Medio Rural expón co obxecto de crear as Unidades de Investigación de Incendios Forestais. o CIG indica nun comunicado que a administración indica a creación de 3 prazas que terán dependecia da DX de Defensa do Monte. O resto das 12 prazas terán unha dependencia funcional desta Dirección Xeral e que a localización física nons distritos se pretende adxudicar "a dedo". A organización móstrase en contra deste procedemento de provisión aínda que recalca que apoian ás brigadas de investigación.

Imaxe recurso Unidades de Investigación de Incendios Forestais - El Progreso
Imaxe recurso Unidades de Investigación de Incendios Forestais - El Progreso

O CIG denuncia que o número de prazas tamén son insuficientes e que a Xunta incumpriu o que prometera "onde falaba da creación destes equipos formados por un mínimo de 57 axentes", explica a organización. Demanda a creación de novas prazas e mostra o seu rexeitamento a amortización de 5 prazas e a modificación de 12 prazas ocupadas por axentes dedicados á extinción. Tamén pide que se elimiten os criterios de adxudicación "nos que nos se poida demostrar que todos os axentes forestais tiveron opcións para conseguilos".

De todas formas recalca que non están en contra da creación das UIFO "pero esiximos explicación de como se realizou a selección do persoal". Indica que desde o CIG o que buscan é "a provisión dos postos na que todo o mundo se poida presentar con criterios de selección obxectivos". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta