Apoio da Deputación da Coruña ao proxecto 'Viaxe á vida' da Fundación Terra de Homes

Un total de 113 menores con graves enfermidades foron tratados nos complexos hospitalarios da Coruña e Santiago grazas a este proxecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña apoia o proxecto 'Viaxe á vida' da Fundación Terra de Homes en Galicia, que permite proporcionar atención médica nos hospitais da Coruña e Santiago a nenos e nenas procedentes de países de África.

A entidade, que para este ano 2021 recibiu unha subvención de 7.440 euros no marco do programa provincial de axudas a entidades sociais e de cooperación, conta co apoio da Deputación para esta actividade desde os seus inicios en Galicia, no ano 2003.

Un total de 113 menores con graves enfermidades foron tratados nos complexos hospitalarios da Coruña e Santiago grazas a este proxecto.

O último caso é o de Khdeija, unha nena mauritana de dous anos que foi operada no Hospital Materno Infantil dunha cardiopatía e que, previamente, tivo que ser tratada dunha bacteria, o que fixo que tivese que estar un mes ingresada.

Khdeija recuperouse favorablemente e e xa está de volta coa súa familia en Mauritania, segundo lembra a institución provincial en relación ao seu tratamento.

A Fundación Terra de Homes, ademais de xestionar os traslados desde os países de orixe nos que conta con delegación (Mauritania, Marrocos, Benin, Togo, Guinea Conakry, Senegal e Mali), conta con voluntarios e voluntarias que se encargan do acompañamento aos menores durante a súa estancia nos complexos hospitalarios.

Regreso da pequena Khdeija a Mauritania tras ser operada no Materno Infantil da Coruña / TERRA DE HOMES. / Europa Press
Regreso da pequena Khdeija a Mauritania tras ser operada no Materno Infantil da Coruña / TERRA DE HOMES. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta